Español | English | Euskera | Catalàn | Galego
FICOD 09
Organizadores y patrocinadores Icex BBVA Telefonica rtve.es

Que é FICOD

Ficod nace no ano 2007 impulsado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, así como pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións, que encomendan a Red.es a súa organización, para que no marco do Plan Avanza se desenvolva e potencie a industria española de contidos dixitais, centrándose especialmente nos mercados de lingua española.

Importancia da lingua española no mundo:

  • Preto de 450 millóns de hispanofalantes
  • Máis de 102 millóns de internautas

Por iso, converteuse no punto de encontro de referencia para os profesionais da televisión, o cine, a música, o ocio dixital interactivo, a animación, a educación, a produción audiovisual, as publicacións dixitais, a educación, os contidos xerados polos usuario (UGC), as redes sociais, a blogosfera, a publicidade interactiva, etc. Está representada toda a cadea de valor do sector: distribución, dispositivos, financiamento, formación, internacionalización, audiencias, medios de pagamento, políticas públicas, televisión dixital, audiencias, comercio electrónico, etc.

  • A industria española e, por extensión, todo o mercado de fala hispana, debe incrementar a súa presenza internacional fronte á presenza intensiva de contidos procedentes de Estados Unidos e Asia.
  • A porcentaxe de participación no PIB da industria española de contidos está por debaixo dos niveis logrados polos seus homólogos europeos.

Os máis de 15.000  congresistas e case 300 medios de comunicación acreditados denotan o crecente interese por Ficod.

Obxectivos

Obxectivos

  • Desenvolvemento e potenciación da industria internacional de contidos dixitais.
  • Desenvolvemento e potenciación dos contidos dixitais para os mercados de lingua española.
  • Preto de 450 millóns de hispanofalantes e máis de 102 millóns de internautas.

O FICOD é un lugar de encontro para os profesionais da televisión, a publicidade, o cine, a música, os videoxogos, as publicacións dixitais, a formación en liña, os contidos xerados polos usuarios (UGC), o periodismo dixital, a publicidade interactiva...

Inscríbete de balde en ficod 09Ver programa 09Suxestions
"Este sitio está optimizado para Internet Explorer 7 e Firefox 3"

FICOD 09

Legal

Confianza online redtrabaj@